Cea randoneira

O pasado venres tivo lugar a cea randoneira de fin de temporada.

Nun ambiente de gran cordialidade, aproveitamos para falar das nosas andanzas polas Brevet durante este ano, contando cada un as súas experiencias, anécdotas, curiosidades, etc… e, como non, tamén do que imos facer o próximo ano, proxectos, calendario…e tamén de como ir avanzando na consolidación da Sección Randonneur.

Despois da cea entregáronse os carnés de ruta homologados e as medallas das distintas Brevet.

Entregóuselle un pequeno trofeo ós tres randonneurs que completaron toda a serie de brevet que organizamos este ano, 200, 300, 400, 600 e 1000 Km: Alfonso, Emilio e Fran.

img-20161014-wa0005

O Premio Randonneur deste ano foi para José Antonio Ferreiro que completou un total de 4.100 Km en brevet.

img-20161014-wa0003                       img-20161014-wa0004

Non faltaron as típicas gotas randoneiras!

img-20161014-wa0002

Finalmente entregámoslle un agasallo a Sutton como agradecemento polo apoio que nos deu durante toda a temporada, non só por reparar as posibles avarias das nosas bicis, se non tamén por estar pendente de nós, aturarnos e escoitarnos… é moi importante saber que vai haber alguén nos controis ó que podemos contarlle como imos, que problemas temos, etc.

img-20161014-wa0006

O próximo ano máis: empezaremos o sábado, 25 de marzo, con noso clásico de 200 ata Muxía, estrearemos un 300 pola Mariña Luguesa deseñado por Manuel e un 400 polos cabos da Costa da Morte deseñado por Andrés, rematando a mediados de xuño coa xa tamén clásica Coruña Coruña.

Ademáis disto desplazarémonos por España, Portugal, Reino Unido… buscando novas experiencias randoneiras… 

 

Leave Comment