NUEVOS RETOS RANDONNEURS

PRÓXIMOS RETOS DOS NOSOS RANDONNEURS:

LONDRES-EDIMBURGO-LONDRES

Por primeira vez un Riazor vaise desprazar a Londres para participar na proba randonneur Londres-Edimburgo-Londres.

Trátase de Manuel Fuentes. Ten prevista a saída do aeroporto de Coruña para Londres o próximo xoves.

A ruta consta de 1.436 Km e para realizala disporá dun máximo de 105 h.

A saída de Manuel de Londrés será o día 30 de xullo ás 14:15 h. e intetará coller a un grupo de españois que sae ás 12:30.

Ten pensado durmir no Km 820, en Laugton e unha vez finalizada a ruta regresar a Coruña o día 4 de agosto.

Máis información sobre a Londres-Edimburgo-Londres: https://es.londonedinburghlondon.com/

DIAGONAL BARCELONA-CORUÑA

Por primeira vez un grupo de randonneurs do CC Riazor van intentar facer a Diagonal Barcelona-A Coruña.

O próximo venres, 28 de xullo, desprazaransa a Barcelona José Luís Fajardo, Emilio Blanco e Felipe Nóvoa. A saída de Barcelona será o sábado 29 ás 07:00 h.

Teñen por diante un total de 1.165 Km que terán que recorrer nun máximo de 95 h.

A previsión é facer ó redor de 300 Km. diarios e descansar nas localidades de Alcañiz, Aranda de Duero e Ponferrada, pero todo dependerá de como se vaia desenvolvendo a ruta.

Máis información sobre as diagonais: http://www.rancat.cat/es/organitzacions/iberdiagonals/

Comparte

Deja un comentario