Premios Randonneurs 2017

PREMIOS RANDONNEUR 2017

Xa foi publicada a clasificación dos premios randonneur do 2017.

En Clubs Participantes o Club Ciclista Riazor ocupa o primeiro lugar da clasificación cun total de 74000 puntos.

En Clubs Organizadores o Club Ciclista Riazor ocupa o posto número quince con 42100 puntos.

Cómpre indicar que o Club Ciclista Riazor xa foi premiado como club organizador no ano 2015 e como club participante nos anos 2012 e 2014, polo que neste momento está en período de carencia (tres anos).

A nivel individual o Club Ciclista Riazor conta na clasificación cos seguintes randonneurs:

– Núm. 7, Manuel Fuentes Pico, con 18800 puntos.
– Núm. 8, Emilio Blanco López, con 18600 puntos.
– Núm. 26, Felipe Nóvoa Conde, con 15200 puntos.
– Núm. 48, José Luís Fajardo Santos, 11300 puntos.
– Núm. 56, José Antonio Ferreiro Ferreiro, 10600 puntos.
– Núm. 130, Francisco Lata García, 4900 puntos.
– Núm. 137, José Alfonso Muñíz Plaza, 4700 puntos.
– Núm. 161, José Carlos Ramírez Rodríguez, 3600 puntos.
– Núm. 163, José Andrés Alvite Pereira, 3500 puntos.
– Núm. 230, Francisco Ferreiro Chao, 1800 puntos.
– Núm. 313, José Luís Castro Martínez, 1100 puntos.
– Núm. 419, J. David García Veiga, 700 puntos.
– Núm. 425, Álvaro Vázquez García, 700 puntos.
– Núm. 495, José Juan Castro Barca, 500 puntos.
– Núm. 527, Abel Souto Cores, 500 puntos.
– Núm. 535, José Miguel Hortas González, 500 puntos.
– Núm. 779, Daniel Cadenas Torrón, 200 puntos.
– Núm. 916, Carlos Hernández Fernández, 200 puntos.
– Núm. 968, Daniel Martínez Galdós, 200 puntos.
– Núm. 1069, David Rodríguez Álvarez, 200 puntos.

Clasificación Clubs Participantes

Clasificación Clubs Organizadores

Clasificación individual por puntos (81 primeiros)

Clasificación individual alfabética

Os Premios Randonneur é a maneira de dar un recoñecemento aos clubs e participantes seguidores desta formula deportiva.

Contempla tres categorías:

•Clasificación Clubs Organizadores de brevets ( BRM) e outras probas Randonneur de ámbito estatal.

•Clasificación Clubs Participantes.

•Clasificación Individual.

O espírito destes Premios é o mesmo que o do movemento Randonneur, onde o tempo empregado para facer un brevet non conta en ningunha clasificación, tanto o que chega primeiro como o último teñen as mesmas oportunidades, a constancia é o que vale, para aproximarnos a este espírito estableceuse o seguinte Regulamento.

Probas que puntúan:

• Brevets 200, 300, 400, 600 e 1000 do calendario estatal, excepto os organizados en Euskadi.
• Frecha Ibérica.
• Brevet “1200 e +” Madrid Xixón Madrid.
• Brevet “1200 e +” Lleida León Lleida.
• Brevet “1200 e +” Al Andalus.
• Super Randonnée Prepirineo.
• Super Randonnée Camino del Cid.
• Super Randonnée Luai Grediana.
• Super Randonnée Sierra de Guadarrama.
• Super Randonnée Supersegureando.
• Super Randonnée Jiennense.
• Super Randonnée Medina Azahara.
• Diagonais Ibéricas.

Cada club Organizador, cada Club Participante e cada Participante en particular, reciben 1 punto por cada quilómetro percorrido.

Os Clubs Organizadores, os Clubs Participantes e os Participantes en particular, que non obteñen recoñecemento, a final de tempada conservan os puntos polos anos sucesivos.

En contrapartida pérdense os puntos aquel ano que non teñen actividade Randonneur (cero puntos).

Ao obter un galardón a puntuación pasa a cero puntos.

A final de tempada, a suma de todos os puntos anuais máis os retidos en anos anteriores, danos as puntuacións das tres Clasificacións.

Obteñen premio os dous primeiros clasificados entre os Clubs Organizadores, os tres primeiros clasificados entre os Clubs Participantes e os tres primeiros Clasificados Individualmente.

Os participantes e clubs que obteñan un Premio Randonneur terán tres anos de carencia, isto quere dicir que os tres anos seguintes non se lles outorgará un Premio Randonneur da mesma categoría, pero acumularán a puntuación obtida nestes tres anos.

Os trofeos como Recoñecemento destes Premios traen o nome do club, ou do participante que os obtivo , seguido dunha cifra entre paréntese, cifra que significa a orde en que se outorgaron desde a súa creación en 2009.

Deja un comentario